O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan o relatorio Estatuto do 36. Referente político e “lugar de memoria” do historiador Ramón Villares dentro do ciclo 90 anos do Estatuto.

O acto terá lugar este mércores 3 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ramón Villares é historiador. Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de “Historia de Galicia” e de “Figuras da nación”.

Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto. En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que o Ateneo trae a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto.

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos