X Roteiro Teatralizado e Musicalizado “Camiños”
Engadir ao meu calendarioPraza da Estación de Autobuses de Pontevedra
Praza da Estación de Autobuses de Pontevedra
A Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte organizará este sábado, 13 de xuño, a décima edición do Roteiro Teatralizado e Musicalizado “Camiños”, unha actividade cultural consolidada no calendario veciñal e cultural de Salcedo.
A actividade contará coa participación do Grupo de Teatro Salcedo Norte, Tramoias de Algures, Galidanza Teatro, Tarabelo e o Grupo Folk Os de Ningures, que darán vida a diferentes escenas e intervencións ao longo do percorrido.
O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a memoria colectiva, o patrimonio material e inmaterial de Salcedo e o papel dos seus camiños como elementos vertebradores da vida social e cultural.
Praza da Estación de Autobuses de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra