Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias, botará a andar este domingo 7 de xuño no Auditorio do Pazo da Cultura, ás 20.30 horas, coa peza teatral "Apaga o candil" da compañía galega Contraproducións.

É o único espectáculo de pago de todo o programa.

A obra vai sobre a vida de Carlos Díaz "o Xestal", un humorista, contador de historias, que popularizou a canción do mesmo nome, e foi unha figura moi comprometida socialmente.

Interpretada por Avelino González e por Toni Salgado.

Está dirixida por Cándido Pazó.

Pazo da Cultura de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos