Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias, programa para este xoves 11 de xuño a actuación de Borrón y cuento nuevo.

Será ás 18.30 horas no Paraninfo IES Valle Inclán.

Espectáculo para público adulto con entrada libre e de balde.

Borrón y cuento nuevo é un grupo de narración oral formado por Nieves Pérez e Dani Muñoz, que contan historias xuntos desde 1997. Ao longo destes anos teñen participado en festivais, maratóns de contos e encontros de narración oral por toda España, ademais de realizar sesións en bibliotecas, colexios, museos, bares e centros culturais.

O seu traballo combina a narración tradicional con propostas contemporáneas e participativas, dirixidas tanto a público infantil coma adulto. Actuaron en espazos como o Museo Arqueológico Nacional, o Museo Reina Sofía ou o Museo de la Ciencia de Cuenca, ademais de recorrer máis de 200 bibliotecas e máis de 100 centros educativos coas súas sesións de contos.

Paralelamente desenvolven un intenso labor formativo. Desde o ano 2000 imparten obradoiros de iniciación á narración oral e programas de animación á lectura en distintos contextos educativos e culturais, mantendo tamén obradoiros estables de narración onde comparten a súa experiencia e a súa paixón pola arte de contar historias.

Paraninfo IES Valle Inclán, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos