Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias, programa para este martes 9 de xuño a actuación de Carlos Rebolo.

Será ás 20.30 horas na Praza Santa María.

Espectáculo para público adulto con entrada libre e de balde.

Carlos Rebolo é discípulo de José Campanari, gusta de escoitar a quen sabe do que fala.

Tardou anos en atopar o que non sabía que andaba a buscar: un oficio que lle permita vivir do conto.

Comezou nas artes escénicas o século pasado co grupo Senlleiro. Foi cofundador de Hipócrita Teatro e anos despois decidiu embarcarse en Ítaca Teatro. Nesta viaxe vai construíndo o seu traballo como intérprete, director de escena, docente teatral e contador de historias.

Dende a súa chegada á narración oral practica a autobiografía ficcionada para público adulto, sinal de identidade do seu repertorio.

Praza Santa María, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos