Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias, programa para este luns 8 de xuño a actuación de Celso F. Sanmartín.

Será ás 18.30 horas no salón de actos da Residencia de Maiores de Campolongo.

Antes de ser contador e poeta, Celso traballou nunha residencia en Lalín, e foi alí, escoitando as historias dos maiores, onde naceu esa nova inquedanza.

Espectáculo para público adulto con entrada libre e de balde.

Residencia de Maiores de Campolongo

Máis eventos

Ver máis eventos