Nesta duodécima edición do Festival de Música Tradicional participarán Os Gatiños de Portonovo; Lus de Keikoa; Os Trasnos de Doade e A.C; e Os Abrentes de Cerdedo.

O acto estará presentado por Malores Villanueva.

Ao remate do festival celebrarase un gran Serán Popular aberto, no que estarán convidadas a participar todas aquelas persoas que desexen achegarse cos seus instrumentos, cantar, bailar ou gozar do ambiente festivo.

Durante toda a xornada haberá servizo de bar a cargo da comisión de festas Divino Ecce Homo de Cerdedo.

Praza do Concello en Cerdedo. Cerdedo Cotobade

Máis eventos

Ver máis eventos