A parroquia de Santo André de Xeve albergará o domingo 21 de xuño a súa primeira andaina popular, unha iniciativa promovida polo colectivo Al Ritmo de Adri orientada a promover a participación veciñal.

A xornada comezará ás 9:30 horas coa concentración e recepción dos inscritos no adro da igrexa de Santo André de Xeve, onde se entregará un refrixerio.

Ás 10:00 horas, tras unha sesión de quecemento físico, iniciarase a marcha sobre un trazado circular de aproximadamente seis quilómetros de lonxitude.

O punto de chegada coincidirá co lugar de partida. Ao concluír o traxecto, a Comisión de Festas porá en marcha un servizo de bar e ofrecerá un petisco aos camiñantes.

A programación da xornada concluirá cunha exhibición da agrupación organizadora e unha sesión aberta de bailoterapia para o público.

As persoas interesadas en realizar a reserva de praza poden tramitala a través de mensaxes da aplicación WhatsApp no número de teléfono 644 541 288.

Adro da igrexa de Santo André de Xeve. Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos