Charla aberta "IA, unha oportunidade evolutiva" co doutor Julio Mayol e o profesor Senén Barro, director do Centro Singular de investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela.

Será este xoves, 25 de xuño, ás 18:30 horas, no Liceo Casino de Pontevedra, na rúa Manuel Quiroga.

A charla estará moderada polo doutor Juan Turnes.

Esta actividade está enmarcada na iniciativa "Pontevedra, quen pasa? 6 expertos en saúde, 6 meses", organizada polo Servizo de Aparello Dixestivo da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e o grupo de investigación IDARA (IIS Galicia Sur).

Supón o peche dunha iniciativa desenvolvida ao longo de seis meses, orientada a achegar á cidadanía información de interese sobre saúde, innovación e coñecemento clínico da man de profesionais expertos en diferentes ámbitos.

Liceo Casino de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos