Charla divulgativa: "Sabemos protexernos fronte á radiación solar?"
Engadir ao meu calendarioSede da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A), Pontevedra
Sede da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A), Pontevedra
A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, organiza o luns 20 de xullo ás 11:00 horas a charla divulgativa Sabemos protexernos fronte á radiación solar?.
É unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar á poboación sobre a importancia da prevención do cancro de pel e a adopción de hábitos saudables fronte á exposición solar.
A sesión terá lugar na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, situada en Eduardo Pondal 64A, baixo, e contará con entrada libre para todas as persoas interesadas, até completar aforamento.
A charla será impartida por Rita Pereira Vieito, farmacéutica, e Patricia López Cameselle, técnica de promoción da saúde da Asociación Española Contra o Cancro.
Ofrecerán recomendacións prácticas para protexer a pel fronte á radiación ultravioleta, resolverán dúbidas frecuentes sobre o uso de fotoprotectores e abordarán medidas sinxelas para reducir o risco de cancro de pel.
Coincidindo coa tempada estival, cando aumenta o tempo de exposición ao sol, a actividade pretende lembrar a importancia de manter condutas responsables, especialmente durante os meses de verán
A prevención e a detección precoz continúan sendo ferramentas fundamentais para reducir o impacto desta enfermidade.
Desde a Asociación Española Contra o Cancro animan á cidadanía a participar nesta actividade gratuíta e a compartir a información para contribuír a unha maior sensibilización sobre a saúde da pel.
Sede da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A), Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Xardíns do Doutor Marescot. Pontevedra