Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra organiza unha nova edición da súa xa tradicional Festa de Fin de Curso.

Será este venres 19 de xuño, nunha cita pensada para que os nenos e nenas celebren a chegada das vacacións de verán cunha tarde repleta de actividades gratuítas no corazón da cidade.

Entre as 16.30 e as 20.30 horas, diferentes puntos da Zona Monumental acollerán propostas lúdicas e creativas para todas as idades:

  • Praza Valentín García Escudero: obradoiro de elaboración de mandís.
  • Praza Méndez Núñez: sesións de contacontos, actividades musicais, pintacaras e bebeteca.
  • Rúa César Boente: taller de creación de chaveiros.
  • Rúa Serra: zona de inchables adaptados a distintas idades.
  • Praza de Curros Enríquez: rocódromo e actividade de graffiti.

Como peche da xornada, ás 19.30 horas terá lugar a esperada Gran Festa da Escuma na Praza da Pedreira, unha das propostas máis populares e concorridas desta celebración.

A asistencia ás actividades será totalmente gratuíta. Para participar, será preciso presentar un ticket de compra realizado nalgún dos establecementos asociados ao CCU Zona Monumental.

Con esta iniciativa, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental busca premiar a fidelidade das familias que apoian o comercio de proximidade e ofrecer unha experiencia de lecer para despedir o curso escolar nun ambiente festivo e familiar.

Zona monumetal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos