Parque das Palmeiras albergará a xornada central do Orgullo o vindeiro sábado 27 de xuño, o día previo á conmemoración internacional.

As actividades musicais e reivindicativas sucederanse desde o mediodía ata a madrugada, mantendo durante todo o día un Punto Arco Iris e un posto informativo xestionado por Avante LGBT+ e Arelas.

Os horarios dos eventos serán os seguintes:

13:00 h. Inicio da festa coa música de Happy Singers

13:30 h. Vermú musical co grupo local Projecto Mourente

A continuación terá lugar un xantar diverso no parque con ambiente musical animado. "Haberá moita música petarda", apuntou Feijoo na presentación.

16:00 horas. Sesión de tarde co colectivo Duendeneta Dilleis

20:00 h. Manifestación do Orgullo 2026 (saída e chegada nas Palmeiras) e lectura do manifesto co apoio de intérprete en lingua de signos.

21:00 h. Espectáculo de transformismo con Kelly Amethyst e Escarlatina Pier

22:00 h. Concerto principal a cargo de Montedapena

23:00 h. Sesión musical conducida por Señora DJ

00:30 h. Peche da xornada a cargo de Gorllitox (remate ás 02:00 h)

Desde o Concello de Pontevedra e os colectivos organizadores convidan a toda a cidadanía a participar de todas as actividades.

Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos