A Praza da Peregrina acollerá este martes, 16 de xuño, a cuarta edición da exhibición de baile latino que realiza a UNED Sénior.

A exhibición comezará ás 17:30 horas e terá unha duración aproximada dunha hora.

A asistencia é libre e gratuíta, polo que calquera persoa interesada poderá achegarse a gozar dunha proposta que combina música, actividade física, convivencia e aprendizaxe.

Durante o evento, os participantes porán en práctica as coreografías e técnicas traballadas ao longo do curso, á vez que pon de manifesto o papel que desempeña a educación permanente na mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Praza da Peregrina. Pontevedra.

Máis eventos

Ver máis eventos