Herbas e rituais de San Xoán a cargo de Vaipolorío
Engadir ao meu calendarioPonte da Condesa, Tomeza, Pontevedra.
Ponte da Condesa, Tomeza, Pontevedra.
A asociación Vaipolorío organiza unha das actividades máis consolidadas da súa programación anual: unha xornada centrada nas herbas e os rituais de San Xoán a cargo de Pablo Carro.
Será este xoves 23 de xuño, ás 19.30 horas, en Ponte da Condesa, Tomeza, Pontevedra.
A iniciativa incluirá unha recollida de plantas na contorna do río Gafos, permitindo aos participantes reunir as especies necesarias para preparar o tradicional "cacho".
De acordo coa tradición popular, estas herbas, moitas delas recoñecidas polas súas propiedades medicinais, deben permanecer en auga durante a noite de San Xoán para recibir a influencia do rocío e da luz da lúa. Á mañá seguinte, a auga utilízase para lavarse o rostro e o corpo. A crenza popular sostén que este ritual non só favorece a beleza e o benestar, senón que tamén protexe fronte ás meigas e as malas enerxías.
Ponte da Condesa, Tomeza, Pontevedra.
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra