Baixo o título de Pontevedra e a transición urbana e climática que queremos, a sede da Vicerreitoría do campus acolle un taller participativo promovido por integrantes da rede española de embaixadores do Pacto Europeo polo Clima, co apoio do Campus Crea.

Coordinado por Luis Morales, Isabel Silva e o embaixador do Pacto Europeo polo Clima e profesor da Universidade de Vigo Carlos Pérez Collazo, trátase dun encontro aberto a toda a cidadanía e dirixido a xerar un debate respecto de cuestións como a mobilidade e o espazo público ou a adaptación climática.

Coa participación da directora de área do Campus de Especialización Crea, Ana Belén Fernández Souto, o encontro comeza ás 18.00 horas e abrangue tanto unha charla motivadora inicial como catro mesas de debate, que terán como eixes a mobilidade e o espazo público, a adaptación climática urbana, a comunidade e a participación e o cambio climático en Galicia.

A actividade pecharase ás 20.00 horas, cun percorrido pola cidade.

Casa das Campás, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos