Boomer el último #16: Lendas punk rock de Pontevedra

20 de abril 2024
Actualizado: 27 de maio 2025

Lendas punk rock de Pontevedra.

Boomer el último #16: Lendas punk rock de Pontevedra

Esta edición está máis chea que o camarote dos Irmáns Marx. Repleta de bandas da escena punk rock pontevedresa, algunhas recentes e tamén presentes, outras con máis soleira e ás que Jesús Fontanes e Marcial Outeda renden tributo - moi adecuado para un podcast que lles quedou moi musical -. Entre esas bandas non pode faltar unha formación que chegou a editar os seus discos e actuaron dentro e fóra de Pontevedra, e mesmo cuns míticos como Barricada. Como pista dicir que os seus integrantes chamábanse José Manuel - alias 'Pucho' -, Iván, Ángel, Marcial e Suso.