Boomer o último #3: Aqueles videoxogos

Radio
10 de xuño 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

Aqueles videoxogos.

Boomer o último #3: Aqueles videoxogos

As consolas de xogo son xa inherentes ás actuais xeracións máis novas, pero houbo outras para as que o primeiro acceso a estes videoxogos estaba nas salas recreativas ou en sistemas moito máis simples que os sofisticados dispositivos actuais. Jesús Fontanes e Marcial Outeda, coa súa retranca habitual, recuperan momentos da infancia e adolescencia e títulos como o mítico 'Tetris', o 'Donkey Kong''Mario Bros.''The legend of Zelda'... e lévannos tamén por aqueles salóns recreativos que, con maior ou menor éxito e afluencia, eran lugar de encontro de moitos boomers. A sección de 'O despezamento' dedícana ao que pasa por ser o peor videoxogo da historia... Risa asegurada.