Cara a cara #402: David Pintos e 'Mago blanco'

Radio
04 de xullo 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

David Pintos, escritor e podcaster.

Cara a cara #402: David Pintos e 'Mago blanco'

David Pintos volve unha edición máis á Festa dos Libros. O escritor e podcaster pontevedrés firma e presenta o seu último título, 'Mago blanco', co que pecha outra das súas triloxías, a terceira e á que seguirá unha cuarta. Ciencia ficción e intriga non faltan na súa traxectoria como escritor: "non todas son ciencia ficción pura, ás veces é máis anticipación. E thriller porque tamén adoro a novela negra". A estes xéneros hai que engadir a música, que tamén forma parte de David Pintos. Asinará exemplares o sábado 8 ás 13.00 horas con Escolma.