Cara a cara #424: Marcelo Gullo e 'Lo que América le debe a España'

Radio
11 de outubro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

Marcelo Gullo, especialista en Historia e Política Internacional. Autor de 'Lo que América le debe a España'.

Cara a cara #424: Marcelo Gullo e 'Lo que América le debe a España'

Marcelo Gullo Omodeo é doutor en Ciencia Política, especializado en Historia e Política Internacional. É autor de numerosos libros. En España dous ensaios preceden ao que actualmente promociona: 'Madre patria' e 'Nada por lo que pedir perdón'. Con 'Lo que América le debe a España. El legado español en el Nuevo Mundo'  completa esta triloxía facendo un percorrido multidisciplar; desde Atenas, Roma e Jerusalem para fixar unhas orixes e chegar ata a actualidade. Con este libro pondera a creación da Hispanidade, así que diante este 12 de outubro, preguntámoslle que hai que lembrar, manter e reivindicar nunha data como esta. As súas argumentacións denuncian a corrente antihispanista que se reproduce tanto en España como no continente americano.