Conversas na Ferrería #149: Morte digna

Radio
04 de xullo 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Falamos de morte digna con representantes de DMD Galicia e AGAELA.

Conversas na Ferrería #149: Morte digna

Reunimos a Ascensión Cambrón, presidenta da Asociación Dereito de Morrer Dígnamente Galicia; a Lucía Calvo, directiva da devandita asociación e Joaquina Martínez, portavoz en Pontevedra da Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica. PontevedraViva Radio evidenciou durante a produción deste programa a dificultade e rexeitamento que xera abordar unha cuestión como é o dereito a unha morte digna. De feito rexeitaron participar desde a administración sanitaria ou desde entidades privadas que traballan a atención de coidados paliativos.