100 discos de jazz, que xurden do Seminario Permanente

Pontevedra
28 de maio 2015

Os responsables do Seminario Permanente de Jazz presentan dous novos discos cos que se chega ao centenar de traballos editados por el sello Free Code durante os 15 anos de historia deste espazo referente para a formación de músicos
 

Presentación de discos do Seminario Permanente de Jazz Cristina Saiz

"Estamos falando dun proxecto de futuro, educativo, cultural que avala tanto a xente que ven a concertos, que ven ao Seminario a estudar e a xente que quere editar discos con Free Code neste momento", así define o músico Paco Charlín o traballo que se desenvolve no Seminario Permanente de Jazz e que deu como froito dúas novas gravacións discográficas coa que o selo Free Code alcanza o centenar de discos publicados.

O primeiro dos discos presentado esta mañá polo coordinador do Seminario Permanente de Jazz Luis Carballo, en compañía de Paco Charlín e da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, recolle a gravación final da décimo terceira edición do seminario. Trátase dun disco dobre no que participan 33 músicos que se formaron neste espazo pontevedrés que é xa unha referencia para o jazz tanto en España coma no panorama internacional.

O segundo traballo discográfico é o de Jazz in Galiza series volume II con outra gravación realizada no Teatro Principal na que participaron músicos como Virxilio da Silva, Alberto Vilas, Chus Pazos, Corcoran Holt, Xan Campos, Iago Fernández, Javier Pereiro, Max Gómez, Fernando Sánchez e Rosolino Marinello.

Paco Charlín destacou a relevancia que ten o Seminario Permanente, nos seus 15 anos de existencia, porque ata a súa aparición non existía un ensino de jazz a nivel educativo profesional en Galicia e destacou as colaboracións que xorden de músicos galegos con intérpretes internacionais. "Isto hai anos era impensable mesmo para min", indicou o contrabaixista de Vilanova de Arousa.