Narco e os galegos Fillas de Cassandra, 9Louro e Dakidarría encabezan as dez novas incorporacións ao cartel do festival Revenidas 2026, que se celebrará do 10 ao 13 de setembro en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).
A banda sevillana, referentes do rap metal nacional, chegará ao Revenidas para celebrar o seu trinta aniversario, que xa conmemoraron con reedicións de material antigo ou o lanzamento dun libro e dun disco en directo.
Fillas de Cassandra e 9Louro, unha das figuras emerxentes máis importantes da nova escena galega, presentarán os seus novos discos, Tertùlia e Amorrer, mentres que Dakidarría exhibirá unha nova mostra do seu rock mestizo e combativo.
Dentro destas novas confirmacións, nas que hai unha destacada presenza de propostas musicais de Galicia, atópanse tamén o trad contemporáneo de De Ninghures ou a fusión de 'dance hall' e urbano de Queen Rendi.
A eles sumaranse Malifeta, banda formada por Arnau (ex Zoo) e Mireia (ex Pupil·lles), os tamén valencianos Sons of Aguirre & Scila, o dúo londiniense Bob Vylan ou a catalá Matah, que durante unha década foi vocalista de La Kinky Beat.
Este dez artistas e grupos completan un cartel no que xa estaban The Rapants, El Drogas, La Gossa Sorda, Evaristo, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Ilan Amores, Arrhythmia, Süne, Nadie González, Sara Hebe e The Salsa Punk Orkestra.
En próximas semanas, o festival Revenidas anunciará o cartel por días e algunhas das citas o seu programa de actividades paralelas.
Os abonos para Revenidas 2026 están á venda na páxina web revenidas.com a un prezo de 66 euros, máis gastos de xestión.