22 textos aspiran a gañar o premio Microteatro da Memoria da Deputación

Pontevedra
15 de decembro 2020

A deputada María Ortega destaca a importancia de que a xente moza se achegue á temática da Memoria Histórica propoñendo formatos novidosos. O premio está organizado en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

Montaxe teatral de 'Rúas con Memoria' da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra Diego Torrado

Finalizado o presentación de textos, a  Deputación de Pontevedra recibiu 22 traballos que aspiran a gañar o primeiro Premio de ' Microteatro da Memoria', que convoca a institución provincial en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).

A deputada de Memoria Histórica María Ortega entende que este número de orixinais supón un gran éxito na primeira edición desta convocatoria. Destaca tamén a importancia de que a xente nova achéguese á Memoria Histórica e considera fundamental para atraer a públicos novos a utilización de novos formatos e linguaxes desde a administración.

Os textos preséntanse de maneira anónima e agora serán analizados por un xurado formado polo dramaturgo Ernesto Is; a directora de escena Irene Moreira e a escritora e xornalista Eva Mejuto. Terase en conta a calidade literaria e lingüística; o formato que utilice para a súa representación e o enfoque con perspectivas de país, xénero e clase.

Atendendo ás plicas, os traballos proceden tanto de persoas que se dedican á dramaturxia de maneira profesional, estudantes e exalumnado da  ESAD e persoas alleas ao mundo teatral, segundo informan desde a Deputación. O premio único está dotado de 500 euros.