A Alameda de Marín, escenario dun concerto de música clásica este domingo

Marín
20 de agosto 2020

Organizado pola Asociación Cultural Musimarín, a actuación, que será a partir das 20.30 horas no palco da música, correrá a cargo do pianista Rodrigo Portela e a soprano Marina Penas.

Alameda de Marín Concello de Marín

O palco da música da Alameda Rosalía de Castro de Marín acolle este domingo a sexta edición do Concerto Clásica. Un evento organizado pola Asociación Cultural Musimarín e que correrá a cargo do pianista Rodrigo Portela e a soprano Mariña Penas. O inicio do evento, que contará con todas as medidas de hixiene e seguridade necesarias para previr contagios por coronavirus, comezará ás 20.30 horas. 

Para evitar posibles aglomeracións, o Concello escolleu esta localización na que tampouco se colocarán as habituais cadeiras.

Po outro lado e debido á nova regulación do Goberno diante da crise sanitaria provocada pola Covid-19, o executivo local acordou a anulación do resto de actividades previstas para estas datas como o ciclo de cinema de verán, que tiña prevista a proxección de tres películas.