A Banda de Música de Pontevedra crea sinerxías no Teatro Principal

Pontevedra
07 de abril 2019

No concerto deste domingo 7 participaba como solista Iago Lariño, mestre de frauta do Conservatorio de Música Manuel Quiroga. Tamén interviña o gañador da terceira edición do Concurso de Solistas do conservatorio pontevedrés, Roi Xesteira tocando o bombardino

Banda de Música de Pontevedra
Banda de Música de Pontevedra / Diego Torrado

Baixo o título de 'Sinerxías', este domingo ao mediodía, a Banda de Música de Pontevedra volvía subir ao escenario do Teatro Principal para ofrecer un interesante concerto baixo a batuta de Rafael Agulló.

Nesta ocasión, o concerto contou coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra coa interpretación solista do mestre de frauta, Iago Lariño e do gañador da III edición do Concurso de Solistas, que organiza o conservatorio, Roi Xesteira, intérprete de bombardino.

O programa ofrecía obras como 'Burn', de Roland Barret; 'Harlequin', de Philip Sparke; Foundry, de John Mackey; 'Shades of Syrinx', de Herbert Marinkovitz e por último 'Heijamano', de Bert Appermont. 

A cita contou tamén coa actuación do coro do conservatorio Manuel Quiroga.