A Banda de Música de Salcedo celebra o seu 30 aniversario

Pontevedra
31 de xullo 2018

O 6 de agosto cumprense 30 anos da fundación da Banda de Música de Salcedo, por este motivo a Asociación Músico Cultural San Martiño organiza uns eventos entorno a este días.

Concerto das Letras Galegas da Banda de Música de Salcedo Diego Torrado

O 6 de agosto cúmprense 30 anos da fundación da Banda de Música de Salcedo. Por este motivo a Asociación Músico Cultural San Martiño organiza uns eventos entorno a este día.

O sabado 4 e domingo 5 ofrecerán sendas conferencias de Alejo Amoedo e Judith Rey no Centro Social de Salcedo as 20.30 horas

O luns día 6 celebrarase un acto institucional as 20:30 na sede oficial da Escola de Música da parroquia, a antiga Sociedade de Agricultores de Salcedo.

Neste acto descubrirase unha placa conmemorativa na fachada do edificio e visitarase a exposición "BMS, 30 anos de historia música" que estará aberta dende o 4 o 6 de agosto nesta sede. Para rematar este acto institucional ofrecerase os asistentes un aperitivo.

Están convidados socios, músicos e autoridades locais, provinciais, autonómicas e estatais.