Non era un ano máis do concerto "man a man" entre as dúas bandas de música máis significativas da comarca de Pontevedra. Nesta ocasión, a Banda de Música de Salcedo cumpría 30 anos de existencia cunha saúde envexable e así demostrou a súa calidade no concerto ofrecido durante este luns na praza da Ferrería nunha cita tradicional nas Festas da Peregrina, na do san duelo musical coa Banda de Música de Pontevedra.
O público ocupaba os asentos con antelación ás nove da noite, hora na que estaba previsto o inicio do concerto. Nesta ocasión, a posta en escena cambiou respecto a outras edicións. As Bandas interpretaron os seus programas situadas de costas ao convento de San Francisco e á Peregrina, cunhas telas de fondo.
Ademais, os intérpretes, como xa é habitual nesta cita, non se atopaban sobre un escenario senón sentados nas súas cadeiras a ras do chan, á mesma altura que os espectadores. Ámbalas bandas interpretaron ademais de pezas clásicas, obras contemporáneas que fixeron gozar ao público asistente, un ano máis.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.