A Banda de Música e a Coral Polifónica de Salcedo brindan coa mellor música

Pontevedra
24 de decembro 2018

Numeroso público asistía no serán deste domingo ao concerto ofrecido polas dúas agrupacións da parroquia pontevedresa no auditorio do Pazo da Cultura. Trátase dunha actividad tradicional por estas datas organizada pola Asociación Socio Cultural San Martiño

Concerto de Nadal da Banda de Música e a Coral Polifónica de Salcedo
Concerto de Nadal da Banda de Música e a Coral Polifónica de Salcedo / Diego Torrado

Un ano máis, a Banda de Música de Salcedo acudía este domingo previo á Noiteboa ao auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta ocasión, a agrupación ofrecía un novo concerto acompañada pola Coral Polifónica da mesma parroquia.

Trátase dun acto xa tradicional por estas festas de Nadal que organiza a Asociación Socio Cultural San Martiño, que contou coa presenza de numeroso público.

A Banda de Música de Salcedo interpretó as pezas baixo a batuta de Marcel Van Bree mentres que a Coral Polifónica conta coa dirección de Sonia Bouzada.

Foi un domingo cargado de música porque ao mediodía o Teatro Principal acollía outro concerto dentro do Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra. Nesta ocasión, baixo a dirección de Rafael Agulló, a agrupación realizou un paseo polo son da lírica.

A próxima gran cita musical chegará o día de Aninovo cando a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada da Banda de Gaitas de Forcarei e o BalletNorte protagonizará o concerto clásico do primeiro día do ano no Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha cita especial para celebrar de forma festiva a entrada de 2019.

Baixo a direccion de Juan Miguel Romero Llopis, a Orquestra Filharmónica interpretará un programa centrado en composicións de R. Chapí, P. Luna, A. Vives, M. Curros / J. Catro e J. Strauss II.

As entradas xa están á venda a través de Ataquilla.