A cultura do Antigo Exipto, próxima exposición no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Pontevedra
06 de xullo 2014

A exposición do Museo de Pontevedra reunirá obxectos como sarcófagos, momias, cestas ou esculturas, entre outros; todos eles procedentes do Museo Exipcio de Florencia, que é un dos máis importantes do mundo en temática exipcia

Un dos obxectos que se amosarán na exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto" Deputación de Pontevedra

O Museo de Pontevedra inaugurará o vindeiro xoves 10 de xuño a exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto" composta por 132 pezas seleccionadas do Museo Egipcio de Florencia, en Italia. Trátase dunha exposición permitirá dar a coñecer o mundo e a cultura de Exipto, unha das máis espléndidas civilizacións da historia da humanidade, así como o mundo dos faraóns.

A exposición conta coa dirección científica e museística de Francisco J. Martín Valentín e de Teresa Bedman, directores do Instituto del Antiguo Egipto de Madrid, e de especialistas da Deputación de Pontevedra.

Martín Valentín e Teresa Bedman foron os encargados de dirixir unhas recentes obras de excavación, realizadas o pasado mes de novembro en Luxor (Exipto), que permitiron descifrar para a ciencia e a arqueoloxía un enigma da época dos faraóns Amenhotep (ano 1358 A.C.) no que se demostra que dous deles reinaron ao mesmo tempo.

A empresa pontevedresa Xelram, dedicada á xestión de patrimonios inmobiliarios e mobiliarios, foi un dos patrocinadores desta trascendente excavación de Luxor.

A exposición do Museo de Pontevedra reunirá obxectos como sarcófagos, momias, cestas ou esculturas, entre outros; todos eles procedentes do Museo Exipcio de Florencia, que é un dos máis importantes do mundo en temática exipcia.

A través deles, achegarase esta civilización ao público e explicarase como era a cosmovisión dos antigos exipcios. A exposición divídese en catro grandes apartados temáticos: os deuses, a muller, a vida cotiá e a morte.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora