A Ferrería encheuse para gozar de Leilía

Pontevedra
06 de agosto 2023

A agrupación anunciara en marzo de 2023 a súa despedida dos escenarios coa xira 'Vidas cantadas' despois de 34 anos de traxectoria musical. Nesta ocasión en Pontevedra participaron no ciclo 'Con voz de mulller', que este domingo conclúe coa actuación de Sés a partir das 22.30 horas na Ferrería

Concerto de Leilía Diego Torrado

Leilía é unha das grandes agrupacións da música tradicional galega. Levan ofrecendo espectáculos cargados de enerxía coa mellor tradición da música galega desde hai 34 anos.

Este ano anunciaron en marzo que deixan os escenarios tras esta longa traxectoria musical. O público encheu A Ferrería este sábado para gozar das súas pezas e do seu encanto sonoro dentro do ciclo 'Con voz de muller', que comezara o xoves coas agrupacións novas, chamadas a tomar a bandeira de Leilía, como son Fillas de Cassandra e A Banda da Loba.

As pezas tradicionais de Leilía preséntase dentro dun novo formato na xira que están a realizar para despedirse dos escenarios baixo o título 'Vidas cantadas'.

Esta noite de domingo conclúe o ciclo 'Con voz de muller' con Sés, a rockeira coruñesa comezará o seu espectáculo ás 22.30 horas na Ferrería dentro das actividades das Festas de Verán. Ofrecerá temas do seu último traballo discográfico titulado 'Diante un eco'. A entrada é libre.