A Festa da Lingua cambia de localización pola choiva

Pontevedra
16 de maio 2024

A celebración organizada pola Asociación Cultural A Pedreira, coa colaboración do Concello de Pontevedra, pasa a celebrarse no Mercado de Abastos

Presentación das actividades da Festa da Lingua da Asociación A Pedreira
Presentación das actividades da Festa da Lingua da Asociación A Pedreira / Mónica Patxot

As previsións meteorolóxicas para os próximos días, con alta probabilidade de choiva, obrigaron a cambiar de localización a Festa da Lingua.

O evento organizado pola Asociación Cultural A Pedreira, coa colaboración do Concello de Pontevedra, co obxectivo de formentar o uso do galego sobre todo entre a poboación infantil e adolescente ía celebrarse os días 17 e 18 de maio na Praza da Pedreira e a Rúa Serra.

Con todo para poder gozar da música, xogos e actuacións previstas a programación trasladouse ao interior do Mercado de Abastos, á súa planta superior.

Desta forma o venres 17 de maio os concertos de Catuxa Salom e Os Vacalouras celebrarase ás 21.00 horas na nova localización. O que si se mantén no exterior é a "Ruada pola lingua" con saída ás 20.30 horas desde a Praza da Peregrina.

En canto ao sábado 18 de maio, a programación da Festa da Lingua inclúe xogos populares e animación familiar Peter Punk desde as 11.00 horas, ademais dun xantar popular.