Xogos populares, animación e música para prorrogar a celebración das Letras Galegas

Pontevedra
18 de maio 2024

Este sábado, a partir das 11.00 horas, a primeira planta do mercado acolleu a festa prevista inicialmente na rúa Senra, pero que tivo que celebrarse a cuberto pola previsión de mal tempo. A xornada comezou con xogos populares da man de Sororas e tamén contou coa animación recoñecida de Peter Punk e o seu espectáculo Peor Impossivel

Festa da Lingua na praza de abastos
Festa da Lingua na praza de abastos

A celebración do Día das Letras Galegas prorrogouse unha xornada máis en Pontevedra co protagonismo desviado cara aos máis pequenos da casa na praza de abastos.

Este sábado, a partir das 11.00 horas, a primeira planta do mercado acolleu a festa prevista inicialmente na rúa Serra, pero que tivo que celebrarse a cuberto pola previsión de mal tempo

A xornada comezou con xogos populares da man de Sororas e tamén contou coa animación recoñecida de Peter Punk e o seu espectáculo Peor Impossivel a partir do mediodía.

A banda de gaitas Foula puxo o toque musical á xornada, que forma parte da programación de ‘Maio, mes da lingua’ e supón prorrogar a Festa da Lingua celebrada o 17 de maio na cidade. 

A previsión de mal tempo non só cambiou o lugar da celebración, senón que reduciu a participación. Aínda así, un pequeno número de nenas e nenos, coas súas familias, non quixeron perder a festa.