A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, a Banda de gaitas de Forcarei e o BalletNorte puxeron este martes a banda sonora ao novo ano 2019 co tradicional concerto de Aninovo que se celebrou, como cada primeiro de xaneiro, no Pazo da Cultura.
A cita é xa ineludible para os amantes da música e levou ao escenario tamén a artistas da talla de Margarita Guerra Peinado, Jose Manuel Lopez e Silvia Ferre Casar, todo baixo a batuta do Mestre Juan Miguel Romero Llopis.
Esta apertura musical do ano terá continuidade este venres 4 de xaneiro co concerto solidario 'Walt Disney o soñador' do Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra. Rafael Agulló Albrors dirixirá a actuación, prevista para as 21.00 horas no Pazo da Cultura.