A grandeza dos nenos

Pontevedra
18 de febreiro 2017

O Teatro Principal de Pontevedra acolleu esta semana un concerto que se presentou como unha homenaxe a "a sinxeleza, a inocencia, a bondade natural, a transparencia da súa alma, a pureza e o candor, que son algunhas das cousas que mais fascínannos dos nenos"

Concerto da BMP e o coro Luis García Limeses Diego Torrado

O Teatro Principal de Pontevedra acolleu esta semana un concerto que se presentou como unha homenaxe a "a sinxeleza, a inocencia, a bondade natural, a transparencia da súa alma, a pureza e o candor, que son algunhas das cousas que máis nos fascinan dos nenos".

Compartiron escenario a Banda de Música de Pontevedra e os alumnos do coro Luís García Limeses.

"A grandeza dos nenos", título do espectáculo incluído dentro do ciclo de butaca da banda, serviu para conmemorar o décimo aniversario da agrupación coral.

"Esa marabillosa creación que chamamos pequenos e a grandeza coa que fan cada unha das súas accións" foi a temática deste segundo concerto da BMP, explicaron os organizadores.