A lembranza de Neira Vilas agroma na carballeira de Cuspedriños

Cerdedo Cotobade
01 de decembro 2016

Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto 'As follas do aire', que busca promover o uso do galego e a lectura nos espazos naturais

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela Concello de Cerdedo-Cotobade

A carballeira de Cuspedriños converteuse este xoves 1 de decembro nun novo espazo destinador á dinamización lingüística e cultura, converténdose nun espazo dedicado a Xosé Neira Vilas.

Esta contorna paisaxística encádrase no proxecto 'As follas ao aire', que impulsa o Concello de Cerdedo-Cotobade en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación para promover o uso da lingua galega e da lectura nos espazos naturais.

No acto de apertura deste espazo como zona cultural participou o titular de Política Lingüística, Valentín García, acompañado do alcalde, Jorge Cubela.