A literatura xaponesa protagoniza o Día da Poesía na biblioteca de Campelo

Poio
18 de marzo 2022

Ademais de habilitar un punto de interese sobre a cultura nipona, tamén se impartirá un obradoiro de creación literaria para o público infantil

Punto de interese na Biblioteca de Campelo
Punto de interese na Biblioteca de Campelo / Concello de Poio

Coincidindo co inicio da primavera, o vindeiro luns día 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Poesía, algo que se ven realizando desde o ano 1999, cando a Unesco oficializou esta data, coa meta de apoiar a diversificación lingüística a través da expresión poética. 

A Biblioteca Municipal de Campelo escolleu este ano a cultura do Xapón como eixo principal da programación. 

Deste xeito, as dependencias situadas na parroquia de San Xoán ofrecerán un punto de interese no que os usuarios terán á súa disposición obras manga e que fan referencia á tradición e cultura nipona. 

Ademais, a Bbblioteca organiza un obradoiro de creación literaria, a través do cal os cativos maiores de 8 anos redactarán ‘haikus’, poemas breves, de 3 versos e un máximo de 17 sílabas.

A Concellería de Cultura de Poio desenvolverá esta primavera a segunda edición da programación Verbas en Flor, que será presentada en breve e inclúe iniciativas de todo tipo para celebrar ao longo dos próximos meses.