A Maika Makovski máis rockeira pecha o ciclo musical As Matinés no Pazo da Cultura

Pontevedra
04 de decembro 2021

 A compositora, instrumentista, cantante e presentadora chegou ao Pazo da Cultura novo disco debaixo do brazo, MKMK, un álbum concibido para sorprender e axitar aos seus oíntes. No seu directo pontevedrés recuperou as súas raíces máis rockeiras 

Concerto de Maika Makovski no Pazo da Cultura
Concerto de Maika Makovski no Pazo da Cultura / Cristina Saiz

A compositora, instrumentista, cantante e presentadora española Maika Makovski pechou na mañá deste sábado, a ritmo de rock, o ciclo de música de As Matinés, que este ano cambiou o seu habitual emprazamento no Teatro Principal para mudarse ao Pazo da Cultura de Pontevedra por cuestións de aforo, pero mantivo idéntico éxito.

Makovski (Palma de Mallorca, 1983) chegou á súa actuación no Pazo da Cultura novo disco debaixo do brazo, MKMK, un álbum concibido para sorprender e axitar aos seus oíntes.

No seu directo pontevedés recuperou as súas raíces máis rockeiras e demostrou por que é desde hai anos unha das voces máis interesantes do panorama musical español.

O concerto de Makovski foi o segundo é último da quinta edición deste espectáculo matinal organizado polo Concello de Pontevedra, despois do xa realizado por Balthazar o 30 de outubro