A segunda edición de Novos Cinemas ofrecerá a proxección ao aire libre de 'María (y los demás)'

Pontevedra
24 de maio 2017

O xurado internacional da Edición 02 do Festival Novos Cinemas, que vai desenvolverse do 28 de xuño ao 2 de xullo, estará formado polo crítico Carlos Losilla, a programadora Alejandra Trelles e a cineasta Nely Reguera

Fotograma de 'María (y los demás)'
Fotograma de 'María (y los demás)' / Avalon

Novos Cinemas atópase en fase de ultimar detalles para a segunda edición, que se vai a desenvolver do 28 de xuño ao 2 de xullo, en Pontevedra. A organización deste festival de cinema anunciou os nomes dos integrantes do xurado internacional para esta nova cita.

A programadora Alejandra Trelles, a cineasta Nely Reguera e o crítico Carlos Losilla serán os encargados de avaliar as nove películas que se inclúen na Sección Oficial para conceder o Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe.

Ademais tamén se entregará o Premio Xurado Novo á mellor longametraxe, concedido por un grupo de estudantes procedentes da universidade de Vigo, e do Premio do público "Cinemas de Galicia" en colaboración co AGADIC. A película premiada será promocionada na rede de salas públicas.

Ademais, Novos Cinemas proxectará na sección #Baixoasestrelas o filme María (e os demais) nunha praza da zona monumental coa intención de fomentar o uso de espazos públicos en cinemas de verán.

A directora e integrante do xurado Nely Reguera asistirá á proxección da súa primeira longametraxe, rodada integramente en Galicia e protagonizado por Bárbara Lennie. Este premiado traballo conta a historia dunha muller cunha vida que non se corresponde coa idade que ten.

Ao remate da proxección, a artista Isabel Fernández será a encargada de pechar esta sesión coa súa interesantísima proposta de fusión de electrónica, pop e melodía en Aries.