O Centro Asociado da UNED en Pontevedra celebrará este venres 12 de maio, a partir das 19:30 horas, un concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Actuarán o pianista Brais González e Nelson Quinteiro quen aportará a súa voz e os pedais de loop.
Tamén intervirá a agrupación folclórica "Máis cantos", unha iniciativa musical e cultural destinada a transmitir, fomentar e vivir o canto tradicional, popular e cantos de taberna a todo tipo de públicos.
No concerto interpretarán "Alalá de Herbón" e "Ruada de Pontevedra".
O concerto leva o título de "Latitudes" e forma parte dunha das actividades organizada polo departamento de Extensión Universitaria, que dirixe Rafael Cotelo Pazos, enmarcada dentro dos actos conmemorativos do 50º aniversario da fundación da UNED en Pontevedra.