O certame de narración curta de Marín xa ten gañadores

Marín
11 de maio 2023

Este premio, con categorías para adultos e escolares, entrégase cada ano para conmemorar o Día das Letras Galegas

Casa Consistorial de Marín
Casa Consistorial de Marín /

O Día das Letras Galegas en Marín ten un epicentro claro: a entrega dos premios do XVII Premio de Narración Curta do Concello de Marín. Será ás 12 horas do propio día 17 de maio, no Museo Municipal Manuel Torres.

Despois de recibir os traballos presentados e da deliberación do xurado, os gañadores en categoría de quinto e sexto de Educación Primaria foron: primeiro premio para Gabriel Medina, por “A guerra binaria”; o segundo, para Aitor Cisneros, por “María no mundo agochado”; e o terceriro para Kenia Río, por “O árbol de Sara”.

Por outro lado, en categoría de adulto o gañador foi Rafael Vilar, por “A ceifa clara”, que leva un premio de 1.000 euros.

A programación para celebrar o día das nosas letras comezará o día anterior, 16 de maio, coa proxección de “Matria” ás 21.30 horas na Alameda, á que asistirá o director Álvaro Gago para un posterior coloquio.

O propio 17, despois do acto de entrega dos premios do certame literario, será o momento ás 13.00 horas do concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón na Alameda. Alí mesmo volverá haber música a partir das 19.00 horas cun concerto de Arte&Maña.