O director pontevedrés Pablo Cacheda presentará este venres, día 10 de outubro, a segunda tempada da webserie Clases de lo social.
O acto terán lugar no IES Sánchez Cantón a partir das 20:30 horas, coa presenza dalgúns dos protagonistas e a música do grupo noiés Monolius DOP, autor dos temas musicais da serie.
Avalado pola súa primeira tempada, Clases de lo social conta cos actores Sabela Arán e Santi Romay como protagonistas e a presenza de profesionais como Carlos Blanco, Avelino Gonzélez, Xulio Abonjo ou Monti Castiñeiras, aos que agora se lle unen Mayka Braña, Federico Pérez, David Perdomo ou David Amor, entre outros.
Santiago de Compostela e a propia Pontevedra foron os escenarios da rodaxe da segunda tempada, que conta cun total de 7 capítulos que serán subidos á rede dende o 11 de outubro, cun novo capítulo cada dez días.
As invitacións para asistir á estrea poden retirarse de balde en Joaquín Zapaterías ou adquirilas por un euro o mesmo venres na entrada ao recinto.
Tras o acto os membros do equipo trasladaranse ao Pub Marilyn, onde se poderá gozar dun concerto do grupo invitado.