Aberta a convocatoria para a terceira edición da Residencia FICBUEU

Bueu
16 de abril 2025
Actualizado: 13:50

A través desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos que participarán neste programa formativo para creadores audiovisuais e que terá lugar do 15 ao 21 de outubro na Illa de Ons

Participantes na I Residencia FICBUEU en Ons
Participantes na I Residencia FICBUEU en Ons / FICBUEU

FICBUEU ofrecerá a cinco cineastas un ambiente e contorna natural óptima para a creación e desenvolvemento dos seus proxectos.

Durante toda a semana os participantes traballarán no fortalecemento dos seus proxectos, acompañadas pola titora da Residencia e por diferentes formadoras que se achegarán ata a illa para compartir a súa experiencia.

O deseño do programa formativo ten como obxectivo principal crear un espazo de traballo dedicado ao tratamento integral dos proxectos de curtametraxe na súa etapa de desenvolvemento, acompañándoos e asesorándoos ao longo de todo o proceso.

As cinco persoas seleccionadas para a III Residencia FICBUEU, ademais de estar acreditadas para poder participar en todas as actividades da 18ª Edición do FICBUEU, recibirán un premio de 1.500 euros co obxectivo de axudar a costear a fase de desenvolvemento do proxecto.

Desde o 15 de abril e ata o 30 de maio estará aberta esta convocatoria para a recepción de proxectos da III Residencia FICBUEU

A través desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos que participarán neste programa formativo para creadores audiovisuais e que terá lugar do 15 ao 21 de outubro na Illa de Ons.

Pódense consultar as bases completas da convocatoria aquí.