Abre a mostra fotográfica sobre Combarro coa ollada de Paula Andrés e Adrián Porima

Poio
21 de agosto 2020

Trátase dunha exposición fotográfica que, baixo o título de Olladas de Combarro, pode verse na sala de exposicións do Ateneo Corredoira en Combarro até este domingo 23 de agosto

Presentación da exposición Olladas de Combarro con Paula Andrés e Adrián Porima
Presentación da exposición Olladas de Combarro con Paula Andrés e Adrián Porima / Asociación Armadiña

Paula Andrés e Adrián Porima, son dous artistas do Concello de Poio, que a través dunha colección de fotografías ofrecen unha mirada particular de Combarro nunha mostra que se pode visitar na sala de exposicións do Ateneo Corredoira na parroquia máis turística do municipio.

A presidenta da asociación Armadiña Luz Fontán e a concelleira de Cultura Raquel Rodríguez acompañadas polos artistas inauguraban este xoves a exposición Olladas de Combarro, que permanecerá aberta ata este domingo 23 de agosto. O horario de visitas é de 11.00 a 13.00 durante as mañás e de 17.00 a 20.00 horas durante as tardes.

Ambos os fotógrafos ofrecen unha perspectiva diferente de Combarro, ofrecendo  imagenes de pesca silenciosa, da natureza descoñecida ou das pedras baixo a luz nocturna. Esta mostra está organizada por ACDeM Armadiña, coa colaboración do Ateneo Corredoira de  Combarro e da concellería de Cultura.