Acantha Lang é unha das artistas máis demandadas na música soul actual. Nada en Nova Orleans, Luisiana, a cantante e compositora subía na noite deste martes ao escenario da Ferrería para deixar un espectáculo vibrante, bailable e cheo de elegancia, acompañada da súa banda.
Os seus temas inspíranse en antigas tradicións do blues do sur pero nas súas letras tamén se critican as fake news e faise referencia ao orgullo de ser muller. A súa canción 'Gonna be all right' incluíase no álbum Got Soul, de Robert Randolph & The Family Band, candidato aos premios Grammy 2017.
Debutou co EP 'Sugar Woman', publicado en agosto de 2021, logrando o premio The New Artist of the Year para os Soul Tracks Readers' Choice Awards.
Destacou tamén pola súa actuación no programa da CBS Saturday Morning o 13 de maio de 2023 e conta con máis de dez millóns de visitas acumuladas en redes sociais na súa serie 'Standing On The Shoulders of... Soul'.
Nesta xira, acompañada dunha potente banda, presenta os temas de 'Beautiful Dreams', álbum lanzado a principios deste verán.
Este mércores continuará o Festival Internacional de Jazz coa actuación deVanessa Collier, saxofonista e multi-instrumentista, ademais de converterse nunha das revelacións do blues estadounidense. Será a partir das 22.30 horas na Ferrería con entrada libre.