O Festival das Cóxegas xa se atopa de volta no Pazo da Cultura e este domingo 13 ofreceu o espectáculo Des Hábitat, da compañía Vaivén Circo. Unha obra gestual cunha especial posta en escena, con números circenses e acrobacias con risco.
Esta montaxe conta a historia de catro persoas que chegan ao mesmo tempo a un lugar deshabitado e todas teñen a intención de establecerse nese territorio. Todas tentan seleccionar o mellor lugar pero a través da tolerancia, a flexibilidade e o diálogo.
A sorprendente escenografía e as coreografías moi relacionadas co mundo do circo, con números de danza e chiscadelas flamencas, fixo as delicias dos escolares que acudiron a este encontro coa diversión.