Acrobacias e números de circo fan rir no Festival das Cóxegas

Pontevedra
13 de novembro 2016

'Des hábitat' foi o espectáculo representado este domingo no Pazo da Cultura e narraba a historia de catro persoas que chegan ao tempo a un lugar deshabitado e todas elas coa intención de establecerse nel

Festival das Cóxegas: Des Hábitat, de Vaivén Circo Diego Torrado

O Festival das Cóxegas xa se atopa de volta no Pazo da Cultura e este domingo 13 ofreceu o espectáculo Des Hábitat, da compañía Vaivén Circo. Unha obra gestual cunha especial posta en escena, con números circenses e acrobacias con risco.

Esta montaxe conta a historia de catro persoas que chegan ao mesmo tempo a un lugar deshabitado e todas teñen a intención de establecerse nese territorio. Todas tentan seleccionar o mellor lugar pero a través da tolerancia, a flexibilidade e o diálogo.

A sorprendente escenografía e as coreografías moi relacionadas co mundo do circo, con números de danza e chiscadelas flamencas, fixo as delicias dos escolares que acudiron a este encontro coa diversión.