A programación cultural de Afundación en Pontevedra para o primeiro semestre de 2026 reúne 18 propostas escénicas, con algúns dos nomes máis relevantes do panorama nacional e internacional e unha coidada variedade que inclúe teatro, ballet, música clásica, comedia, maxia e danza aérea.
A actividade comeza o sábado 3 de xaneiro coa gala de danza aérea e pole dance "Galiarte".
O domingo 4 de xaneiro, ás 18:00 horas, está programado "Viaxe a Oz, o musical", unha proposta familiar.
O mércores 8 de xaneiro terá lugar o primeiro concerto de música clásica do ano: a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia interpretará obras de Verdi, Mozart e Chaikovski.
O venres 16 de xaneiro o grupo Im-Pulse renderá tributo a Pink Floyd.
O sábado 17 será a quenda do humor galego con "Noites de Retranca", protagonizada por Quico Cadaval, Mofa e Befa e Celso Fernández Sanmartín.
O xoves 22 de xaneiro, o Ballet Clásico Internacional porá en escena "O Lago dos Cisnes".
O mes péchase o venres 23 coa improvisación teatral de "Coaches de choque", a cargo de Oswaldo Digón e Rafa Durán.
Febreiro arrinca o venres 7 con "A Bela Dormente" interpretada polo Ballet de Kiev.

O xoves 27 de febreiro chegará a esperada representación de "Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao", a nova produción de Chévere Teatro.

A Temporada de Abonos de teatro de Afundación inclúe cinco espectáculos:
-
Xoves 13 de marzo: "La Música", con Ana Duato e Grandinetti, baixo a dirección de Magüi Mira.
-
Venres 27 de marzo: "Asesinato en el Orient Express", con Juanjo Artero e un elenco de dez actores
-
Xoves 17 de abril: "Mejor no decirlo", con Imanol Arias e María Barranco.
-
Venres 8 de maio: "Querida Agatha Christie", que conmemora os 50 anos do falecemento da escritora.
-
Xoves 12 de xuño: "Inmaduros", con Carlos Sobera encabezando a repartición.

Á marxe da tempada de abonos, o venres 11 de abril poderase gozar da comedia de improvisación "Corta el cable rojo", tras case 15 anos de éxito en Madrid.
O venres 18 de abril, o mago Borja Montón presentará "Ilusiónate", espectáculo de maxia e ilusionismo.
As entradas, dispoñibles en Ataquilla.com, xa rexistran alta demanda e algunhas funcións xa están próximas a esgotar localidades.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.