‘Afundacion en casa’ ofrece unha conferencia sobre neuroeducación e unha análise de pezas artísticas

Pontevedra
05 de maio 2020

O mércores 6 de maio, ás 19.00 horas, o psicólogo e profesor Rafael Guerrero realizará unha sesión dirixida a nais, pais e docentes para axudarlles a colaborar cos pequenos á hora de xestionaren dun xeito saudable as súas emocións, especialmente en momentos tan excepcionais coma este

‘Otras geologías’ (2007), obra de Daniel Canogar
‘Otras geologías’ (2007), obra de Daniel Canogar

Afundacion en casa’ continúa coas súas iniciativas a favor da difusión do coñecemento e da cultura para todos os públicos e tendo en conta unha variedade de intereses.

O mércores 6 de maio, ás 19.00 horas, o psicólogo e profesor Rafael Guerrero realizará unha sesión dirixida a nais, pais e docentes para axudarlles a colaborar cos pequenos á hora de xestionaren dun xeito saudable as súas emocións, especialmente en momentos tan excepcionais coma este.

‘Neuroeducación. Claves para a xestión das emocións’ é o título desta nova proposta da Obra Social de ABANCA que se poderá seguir desde a páxina dos ‘Directos de Afundación en casa’ e que se enmarca no programa de conferencias e charlas de Afundación, ‘Educación século XXI’.

Rafael Guerrero é doutor en Ciencias da Educación. Licenciado en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid, onde imparte clases. É experto en trastorno por déficit de atención con hiperactividade, trastornos da aprendizaxe e da conduta. No seu labor divulgativo, é colaborador do xornal El País e habitual relator en congresos nacionais e internacionais. Ademais, é formador de profesores e pais en numerosos colexios e centros educativos de España.

Otra das propostas de ‘Afundacion en casa’ para os próximos días vén da man do programa ‘A colección en casa’. Nesta ocasión e con motivo da apertura na Sede Afundación A Coruña o pasado 12 de marzo da mostra ‘Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación’, a comisaria, Mercedes Rozas, elaborou unha serie de estudos analíticos que, de xeito sintético e en forma de vídeos, analizan algunhas pezas escolleitas desa mostra.

Ciria, Daniel Canogar, Manolo Valdés, Mersad Beber e Soledad Sevilla son os autores cuxas obras se estudan neste proxecto. A análise sobre a peza de Daniel Canogar, Otras geologías (2007), xa está dispoñible na web de ‘A colección en casa