Alexander Vórtice presenta a súa nova obra, o poemario 'Diagnóstico Interior'

Pontevedra
29 de novembro 2021

O acto terá lugar o vindeiro venres 3 de decembro ás 19.00 horas no centro Nemonon de Pontevedra e contará coa participación da xornalista de Faro de Vigo Ana López e o escritor e xornalista Luís Boullosa. A entrada será gratuíta e libre ata completar aforo 

Alexander Vórtice escribe sobre colores de arco iris
Alexander Vórtice escribe sobre colores de arco iris / Mónica Patxot

O poeta, novelista, columnista e escritor pontevedrés Alexander  Vórtice presentará o vindeiro venres 3 de decembro o seu novo libro, o poemario Diagnóstico Interior.

O acto terá lugar ás 19.00 horas no centro  Nemonon de Pontevedra e contará coa participación da xornalista de Faro de Vigo Ana López e o escritor e xornalista Luís Boullosa.

A entrada será gratuíta e libre ata completar aforo deste espazo situado no número 11 de cálea Marqués de Riestra.

Diagnóstico Interior é a novena obra de  Vórtice, que xa publicou Destilería Ocaso (2004), Neurosis Tremens (2005), Material de Soños (2008), Dios y Otros Superhéroes (2013), Atrofiadas as Estrelas (2015), Crónica de un Hombre Bueno (2016), Vegetaciones Carnívoras (2017) e Tempa Maltreita (2019.

Alexander Vórtice é tamén colaborador de PontevedraViva, Crónicas  PTV, Diario16 e as revistas culturais Hablando con LetrasOceanum e En tiempos de Aletheia.

Diagnóstico Interior é un poemario  antisistema. Supón unha viaxe a través de máis de 30 anos de escritura por parte do autor que inclúe versos sociais, cáusticos, en contra do pensamento único reinante. 

O libro está dividido en latexados ou capítulos, onde o poeta narra a súa visión do mundo que lle rodea e a visión sobre si mesmo. 

O autor dedica este libro aos solitarios e aos defraudados co paso do tempo e, á súa vez, fai unha oda a esas persoas que non aceptan as inxustizas do día a día.