Alexander Vórtice presenta no Museo a súa nova novela, 'Crónica de un hombre bueno'

Pontevedra
10 de decembro 2016

Os escritores Milagros Bará e José Benito García, o artista Antón Sobral e a xornalista, Natalia Puga acompañaron a Vórtice neste acto organizado polo Ateneo

Presentación da novela de Alexander Vórtice 'Crónica de un hombre bueno'
Presentación da novela de Alexander Vórtice 'Crónica de un hombre bueno'

O escritor Alexander Vórtice presentou este venres ao público pontevedrés a súa novela "Crónica de un hombre bueno". Foi no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Os escritores Milagros Bará e José Benito García, o artista Antón Sobral e a xornalista Natalia Puga acompañaron a Vórtice neste acto organizado polo Ateneo.

A novela aborda deriva autodestructiva na que se atopa o ser humano e sitúa a acción nun mundo futurista.

Trátase da súa primeira novela, pero xa é o sexto traballo literario publicado por Alexander Vórtice.